Os campamentos urbanos, unha propostas de lecer alternativo nas cidades galegas
Dende finais de xullo e especialmente durante a primeira quincena de agosto, as entidades da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia desenvolven os seus campamentos urbanos, unha das propostas máis destacadas da súa programación de verán.
A Asociación Xuvenil Amencer en Ourense, o Centro Xuvenil Abertal en Vigo, o Centro Xuvenil Abeiro na Coruña e o Centro Xuvenil Don Bosco en Compostela converten as súas respectivas cidades en escenarios perfectos para propostas de tempo libre que permiten á rapazada e mocidade participante desfrutar dos espazos urbanos dun xeito diferente a través de programacións cheas de diversión e aprendizaxe.
O compromiso e a implicación dos equipos de animación compostos por mozos e mozas voluntarias fan posible que cada xornada se converta nunha experiencia significativa para os mais de 1.200 participantes no conxunto dos programas.
