Federación de centros xuvenís don bosco de galicia

A Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa aos centros xuvenís salesianos das catro provincias galegas. Desenvolvemos programas de animación sociocultural, tempo libre educativo e intervención social dirixidos á infancia, á adolescencia, á mocidade e ás súas familias.

Ámbitos de actuación

ACCIÓN SOCIOEDUCATIVA

Grupos estables de lecer e tempo libre, apoio ao estudo, actividades de fin de semana e campamentos para nenas, nenos e adolescentes. As actividades desenvólvense nos seis centros federados durante todo o curso escolar e no período de verán.

 INTERVENCIÓN SOCIAL

Programas de inclusión, integración de persoas migrantes, igualdade, prevención de condutas de risco e apoio a familias en situación de dificultade. Desenvolvemos proxectos en coordinación cos servizos sociais e cos centros educativos do contorno

FORMACIÓN E PARTICIPACIÓN

Formación de persoas voluntarias e de monitorado de tempo libre, orientación laboral e promoción da participación da mocidade nos órganos de decisión dos centros. Máis de 550 persoas voluntarias sosteñen a actividade da Federación.

A acción educativa da Federación fundaméntase no sistema preventivo formulado por Juan Bosco no século XIX e desenvolto pola tradición pedagóxica salesiana. Este modelo articúlase en tres dimensións: razón, relixión e cariño; e sitúa a prevención por diante da corrección. Tradúcese na presenza continuada do equipo educativo, na continuidade dos procesos ao longo do tempo e no traballo coordinado co entorno.

Voluntariado e contacto

COLABORA CON NÓS

A acción voluntaria constitúe unha das bases do traballo da entidade. A Federación conta cun programa estruturado de acollida, formación e acompañamento das persoas voluntarias, e non require experiencia nin titulación previa. Para solicitar información sobre voluntariado, formación ou colaboración institucional, pode contactar coa Federación ou con calquera dos seus seis centros.

A Coruña

Centro Xuvenil Abeiro

Don Bosco, 1
15003 A Coruña

 

Ver no mapa

Vigo

Centro Xuvenil Abertal

Rúa Venezuela, 3 (baixo)
Vigo

986 225 662

Ver no mapa

Ourense

Centro Xuvenil Amencer

Praza Don Bosco, 1
32003 Ourense

988 218 123

Ver no mapa

Lugo

Centro Xuvenil Ateibo

Praza da Milagrosa, 10
27003 Lugo

633 674 528

Ver no mapa

Santiago de Compostela

Centro Xuvenil Don Bosco

Rúa Belvís, 2
15703 Santiago de Compostela

981 582 243

Ver no mapa

Allariz

Albergue de Allariz

Estrada Xunqueira, 7
32660 Allariz

988 440 028

Ver no mapa

A Coruña

Vigo

Ourense

Santiago

Allariz

Lugo